Mudando a lámpada

Fujifilm FinePix S100FS, ISO100, 92.6mm, f/5.2, 1/201”

Se callar foi unha das máis complexas capturas que fixen, das que máis problemas me plantexou, e a pesar de non ser unha imaxe cunha nitidez perfecta, é unha das miñas favoritas.

Trátase dun edificio moi alto no comezo da Rúa Real da Coruña e aínda que non o pareza, a lámpada está situada moitos metros máis lonxe, igual a cen ou douscentos. Era imposíbel obter todo nítido a non ser que practicara a técnica do 'focus stacking', algo que en fotografía de rúa me parece abominábel.

A xente pasaba, eu non levaba trípode (pois para foto de rúa se o uso é o do móbil por pequeno que é, pero para estas cousas, non levo) empurrábanme, molestábanme... igual pensaban que era un 'paparazzi' non sei... o caso é que tampouco puiden disparar cómodo. Para colmo, a postura era moi forzada xa que a perspectiva axeitada a obtiven poñéndome practicamente na punta das dedas. Se tivera un metro noventa igual non facía falla. Por sorte, a pantalla da cámara ponte que usaba entón era moi adaptábel.

Tiven que prescindir da nitidez pois nin traballando coa hiperfocal se podía ter todo perfectamente enfocado por mor da distancia existente entre o suxeito en primeiro plano e o fondo, así que procurei capturar algo compensando en nitidez e o resultado é este que vedes. A min non me disgusta nada en absoluto.


Quizás fue una de las capturas más difíciles que hice, de las que más problemas me planteó y a pesar de no ser una imagen con una nitidez perfecta, es una de mis favoritas.

Se trata de un edificio muy alto al comienzo de la Rúa Real de A Coruña y aunque no lo parezca, la farola está situada muchos metros más lejos, igual cien o doscientos. Era imposible obtener todo nítido a no ser que se practicara la técnica del 'focus stacking', algo que en fotografía callejera me parece abominable.

La gente pasaba, yo no llevaba trípode (pues para foto de calle si lo uso es el del móvil por pequeño que es, pero para estas cosas, no llevo) me empujaban, me molestaban... igual pensaba que era un 'paparazzi' no se... el caso es que tampoco pude disparar cómodo. Para colmo, la postura era muy forzada ya que la perspectiva adecuada la obtuve poniéndome prácticamente en la punta de los dedos de los pies. Si tuviese un metro noventa igual no hacía falta. Por suerte, la pantalla de la cámara puente que usaba entonces era muy adaptable.

Tuve que prescindir de la nitidez pues ni trabajando con la hiperfocal se podía tener todo perfectamente enfocado por culpa de la distancia que había entre el sujeto en primer plano y el fondo, así que intenté capturar algo compensando en nitidez y el resultado es este que veis. A mi no me disgusta nada en absoluto.

Comentarios