Que pasou!?

Fujifilm FinePix S100FS, 19.9mm, ISO100, f/3.6, 1/250"

Estabamos na exposición anual "Viñetas desde o Atlántico" na Coruña, onde se pode gozar da mellor banda deseñada tanto nacional coma internacional ademais de varias obras que a organización axudada polo concello vai deixando polas rúas da cidade.

Un dos murais típicos do evento é iste de Tarzán que xusto puxeron fronte a unha fonte desas que dispara chorros ao ceo. De seguido vin a composición na miña mente. Porque na fotografía de rúa tamén hai sitio para o humor, que non a ridiculización dos suxeitos, a non ser (coma neste caso) que sexan irreais, imaxinarios ou totalmente irrecoñecíbeis. Quixera aclarar que con persoas de carne e óso nunca faría algo nin sequera semellante.

Neste caso, a distancia entre o chorro de auga e o fondo era tan so duns metros e podía tentar telo todo máis ou menos a foco. A dificultade era conxelar a auga no momento xusto pois os chorros non eran nin constantes nin chegaban coa mesma forza e a mesma altura.

Daquela non tiña nin idea de técnica, foi todo pola intuición e por iso se estudas os datos EXIF que che deixo no pé de foto pódeste sorprender. O caso é que xa daquela a fotografía me estaba a enganchar e, por certo! coa Fujifilm sempre disparei en manual. Esa cámara foi a responsábel de que hoxe me interese tanto a fotografía e esta foto lembrarame sempre a miña evolución.



Nos encontrábamos en la exposición anual "Viñetas desde o Atlántico" en A Coruña, donde se puede disfrutar del mejor cómic tanto nacional como internacional además de varias obras que la organización ayudada por el ayuntamiento va dejando por las calles de la ciudad.

Uno de los murales típicos del evento es este de Tarzán que justo lo fueron a situar frente a una fuente de esas que dispara chorros al cielo. Al momento me vino la composición a la mente. Porque en la fotografía callejera también hay lugar para el humor, que no la ridiculización de los sujetos, a no ser (como en este caso) que sean irreales, imaginarios o totalmente irreconocibles. Quisiera aclarar que con personas de carne y hueso nunca haría algo ni siquiera parecido.

En este caso, la distancia entre el chorro de agua y el fondo era tan solo de unos metros y podía intentar tenerlo todo más o menos en foco. La dificultad era congelar el agua en el momento justo pues los chorros no eran ni constantes ni llegaban con la misma fuerza y a la misma altura.

Por aquel entonces no tenía ni idea de técnica, fue todo por la intuición y por eso si estudias los datos EXIF que te dejo en el pie de foto te puede sorprender. El caso es que ya de aquella la fotografía me estaba enganchando y ¡por cierto! con la Fujifilm siempre disparé en manual. Esa cámara fue la responsable de que hoy me interese tanto la fotografía y esta foto me recuerda siempre mi evolución.

Comentarios