A Rosa dos Ventos


Nikon D3400 - 450mm - ISO 1800 - f/5.6 - 1/800s

Cando chegamos a un fito monumental histórico adoitamos esquecernos dos detalles que dan coma resultado esa fotografía distinta á que fan os demais. Aos pes da Torre de Hércules temos unha área moi recoñecíbel chamado Rosa dos Ventos, unha obra de Xavier Correa Corredoira que data do 1994 pero que normalmente encádrase desde outro tipo de perspectivas. 

Aproveitando o paporroibo, eu quería darlle outra visión totalmente distinta e deu a casualidade de que a pesar de estar moi concorrida, puiden illar a unha persoa para acadar un diálogo entre ela máis o animal. A redución do campo de profundidade resulta vital para compensar a escena, pois o paporrubio ten pouco tamaño e a distancia entre os suxeitos era perfecta para elo. Usando un teleobxectivo puiden unir os dous planos e o contraste da roupa da muller, totalmente preta producía unha silueta sen necesidade de estar a contraluz e polo tanto, tamén ía destacar. Quixen colocar ao animal nunha área das denominados puntos de interese e así crear textura coa rocha onde se atopaba á espreita, sabendo eu que en calquera intre podía engalar. Faltaba que o animal ollase cara un dos lados, preferibelmente cara o interior do cadro e que a muller non  xuntase as pernas para poder identificar claramente a figura humana, xa que estaba a sacar unha fotografía co móbil e eu intuía que cando rematase, sairía para colocarse outra persoa no seu lugar sen tanto interese visual. Por desgraza, debido a súa acción, os brazos non os puiden capturar separados do corpo. Por iso, aínda que pareza unha captura moi pausada, na realidade precisou de rapidez para enfocar, encadrar e disparar. 



Cuando llegamos a un hito monumental histórico solemos olvidar los detalles que resultan en esa fotografía distinta a la que hacen los demás. A los pies de la Torre de Hércules tenemos un área moi reconocido llamado Rosa de los Vientos, una obra de Xavier Correa Corredoira que data de 1994 pero que normalmente se encuadra desde otro tipo de perspectivas.

Aprovechando al petirrojo, quería darle otra visión totalmente distinta y dio la casualidad de que a pesar de estar muy concurrida, pude aislar a una persona para lograr un diálogo entre ella y el animal. La reducción del campo de profundidad resulta vital para compensar la escena, pues el petirrojo tiene poco tamaño y la distancia entre los sujetos era perfecta para ello. Usando un teleobjetivo pude unir los dos planos y el contraste de la ropa de la mujer, totalmente negra producía una silueta sin necesidade de estar a contraluz y por lo tanto, también destacaría. Quise colocar al animal en una área de las denominadas puntos de interés y así crear textura con la roca donde se encontraba al acecho, sabiendo que en cualquier instante podía alzar el vuelo. Faltaba que el animal mirase hacia uno de los lados, preferiblemente hacia el interior del encuadre y que la mujer no juntase las piernas para poder identificar claramente la figura humana, ya que estaba tomando una fotografía con el móbil y yo intuía que cuando acabase, saldría para colocarse otra persona en su lugar sin tanto interés visual. Por desgracia, debido a su acción, los brazos no los pude capturar separados del cuerpo. Por eso, aunque parezca una captura muy pausada, en realidad necesitó de rapidez para enfocar, encuadrar y disparar.

Comentarios