A Escolta

Nikon D3400, ISO 100, 32mm, f/18, 1/200

A fotografía do rural, para min tamén entra dentro da disciplina de fotografía de rúa sempre en cando amose algo interesante do xeito de vivir das persoas, coma neste caso que me chamou moitísimo a atención o xinete dese xeito ataviado e escoltado polos dous cans.

Esta foto foi tomada nunha zona de montaña, na pre-cordilleira chilena. Estiven agardando para ver se podía acadar unha composición interesante pero non era doado porque aínda que non se vexa, detrás miña teño un barranco de varios metros de caída e o camiño era angosto. Os cans, que eran os elementos vivos que me gustaría ter noutra posición, non remataban de colocarse onde eu os tiña na miña visión.

O peculiar grupo de amigos achegábase e non me quedou máis remedio que disparar xusto antes de que saíran do cadro pola esquerda. Disparei varias fotos pero quedeime con esta porque cun cadro 1:1 podía deixar aos elementos formando un triángulo e ademais collíanse os cans completamente. Nalgunha da imaxe, o xinete saía ollando a cámara, pero iso tampouco me gustaba. Non me importa que sexa consciente de que o estou a fotografar, pero o principal e tentar que non perdan a naturalidade.

A exposición non é perfecta e parte do colo do cabalo aparece un pouco queimada, pero o sol estaba moi alto e a luz era moi dura. Esa eiva non é suficiente coma para desbotar a captura.



La fotografía rural, para mi también entra dentro de la disciplina de fotografía callejera siempre y cuando muestre algo interesante del modo de vida de las personas, como en este caso que me llamó muchísimo la atención el jinete de esa forma ataviado y escoltado por dos perros.

Esta foto fue tomada en una zona de montaña, en la pre-cordillera chilena. Estuve esperando para ver si podía conseguir una composición interesante pero no era fácil porque aunque no se vea, detrás de mi tengo un barranco de varios metros de caída y el camino era angosto. Los perros, que eran los elementos vivos que me gustaría tener en otra posición, no terminaban de colocarse donde yo los tenía en mi visión.

El peculiar grupo de amigos se acercaba y no me quedó más remedio que disparar justo antes de que salieran del cuadro por la izquierda. Disparé varias fotos pero me quedé con esta porque con un encuadre 1:1 podía dejar los elementos formando un triángulo y además recogía a los perros completamente. En alguna imagen, el jinete salía mirando a cámara, pero eso tampoco me gustaba. No me importa que sea consciente de que lo estoy fotografiando, pero lo principal es intentar que no pierdan la naturalidad.


Comentarios