Collage psicodélico

iPhone X - 28mm- ISO 250 - f/1.8 - 1/17s

As dúas Marías teñen unha historia moi interesante pero aquí non cómpre contala. neste sitio veño a falar só da foto.

Era xa noitiña e a rúa estaba mollada porque estivo a orballar gran parte da tarde e, de feito, o seguía facendo. Xusto deu a casualidade cando regresaba coa familia para o fogar de cruzar pola Alameda e alí expoñíanse titulares dun dos máis importantes xornais da Galiza e cando pasei xunta a homenaxe destas dúas señoras, chamoume a atención o curiosa que resultaba a escena coa foto que tiñan ao carón. 

Tentei dúas tomas distintas. Estiven un tempo observando, aínda que indo coa familia non tiña moito, e ao ser un lugar moi transitado pareceume que o ía ter complicado illar a algunha persoa e eu quería que a composición gozase dun compoñente humano de carne e óso. Vin chegar ao señor por detrás dun grupo de mozos e mozas e para que non se detiveran e seguisen co seu enérxico camiñar, puxen o móbil en manual co aplicativo CameraPro expuxen medindo a luz nas lámpadas e enfoquei ás figuras. Cando xa pasaron todos por diante miña erguín o móbil e agardei xusto a que o home fusionase a súa sombra coa das Marías. Non foi sinxelo xa que o seu paso era bastante lixeiro, supoño que pola chuvia. A outra composición era moi distinta pero non puido ser ao decatarse o suxeito de que lle ía tomar unha foto... queda para outro día gardada na miña cabeza.

As cores saturadas son un xeito de arranxar o elevado ruído que se formou ao tratarse dunha escena nocturna capturada cun sensor tan pequeno. As cores estaban aí, pois o reflexo da auga e a cálida luz das lámpadas así o producían, limiteime a saturalos ata case rompelos. Baixeille a estrutura para axudar a eliminar ruído e é por iso que parece máis unha pintura que unha foto. Porén, ese efecto non me disgusta xa que me permite enganar ao espectador e que pense que se trata dun 'collage' feito a partir de dúas tomas cando non foi así... trátase dun único disparo. Dese xeito era como estaba aquelo cando o capturei, na miña mente e diante dos meus ollos.



Las dos Marías tienen una historia muy interesante pero aquí no es lugar para contarla, en este sitio vengo a  hablar sólo de la foto.

Era ya de noche y la calle estaba mojada porque estuvo lloviznando gran parte de la tarde y, de hecho, lo seguía haciendo. Justo dio la casualidad de que cuando regresaba a casa con la familia cruzamos por la Alameda y allí se exponían titulares de uno de los periódicos más importantes de Galicia y cuando pasé junto al homenaje de estas dos señoras, me llamó la atención lo curiosa que resultaba la escena con la foto que tenían al lado.

Intenté dos tomas distintas. Estuve un tiempo observando, aunque yendo con la familia no tenía mucho, y al ser un lugar muy transitado me pareció que lo iba a tener complicado para aislar a alguna persona y yo quería que la composición tuviese un componente humano de carne y hueso. Vi llegar al señor por detrás de un grupo de jóvenes y para que no se detuvieran y siguiesen con su enérgico caminar, puse el móvil en manual con la aplicación CameraPro y expuse midiendo la luz en las lámparas de las farolas y enfoqué a las figuras. Cuando ya pasaron todos por delante mía levanté el móvil y esperé justo a que el hombre fusionase su sombra con la de las Marías. No fue sencillo ya que su paso era bastante ligero, supongo que por la lluvia. La otra composición era muy distinta pero no pudo ser al darse cuenta el sujeto de que le iba a tomar una foto... queda para otro día guardada en mi cabeza.

Los colores saturados son una forma de arreglar el elevado ruido que se formó al tratarse de una escena nocturna capturada con un sensor tan pequeño. Los colores estaban ahí, pues el reflejo del agua y la cálida luz de las farolas así lo producían, me limité a saturarlos hasta casi romperlos. Le bajé la estructura para ayudar a eliminar el ruido y es por eso que parece más una pintura que una foto. Sin embargo, ese efecto no me disgusta ya que me permite engañar al espectador y que piense que se trata de un collage hecho a partir de dos tomas cuando no fue así... se trata de un único disparo. De esa forma era como estaba aquello cuando lo capturé, en mi mente y delante de mis ojos.

Comentarios