Coma vos dicía onte, e a pesar de non ser poesía "popular" , alguén tivo no seu día que escribir o que logo se populariza, así que eu vou deixar un poema que non é meu pero que si me encantaría que o fose, por suposto; mais eu nunca chegarei a tal nivel. Agarde sexa do voso agrado e que o día vos sexa favorábel. Feliz Día das Letras Galegas! "GALICIA" por Salvador García-Bodaño copiado do libro: "Ao pé de cada hora" Editorial Galaxia, 1980 ISBN -84-7154-083-5 ------ Galicia Galicia é esto que vai en nós e que nos leva, camiño aberto nos sulcos onde todo é por vir e non chega... Galicia ferida en sono e sombra, Galicia enteira coma un morto baixo unha albre soterrado onde todo durme e non esperta. Galicia do mar e da curtiña, Galicia miserenta, chan de ledicia queixumosa onde a fame se enche de pacencia. Galicia do sí, do non e do quén sabe, duda inmensa e falar sempre o que lle mandan sin decir o que pensa. Cándo Galicia verdadeira? I eiquí, s...