Contacto

Estou convencido de que a fotografía de rúa non inclúe escenarios preparados e por elo non considero factíbel solicitar a ninguén permiso para facer unha toma antes da mesma pois esa esencia de espontaneidade perderíase. Sempre teño a intención de que as persoas que saian no encadre sexan irrecoñecíbeis e sempre accesorias, pero en ocasións, iso non será posíbel xa que un mesmo recoñécese sempre en calquera imaxe aínda que o resto do mundo non poida facelo.

Vai en contra da miña filosofía de vida facer fotografías a intres íntimos das persoas ou de calquera situación que poida ridiculizar ou molestar á xente que saia na mesma. Porén, pode acontecer que alguén se sinta molesto de recoñecerse nalgunha das miñas imaxes. Nese caso, que non dubide en contactar comigo e ademais de explicarlle os motivos polos que tomei a fotografía e de pedirlle desculpas pola súa publicación, a eliminarei de seguido de todos os lugares onde fose publicada.

O xeito máis eficaz de contactar comigo é mediante un correo electrónico.

Por suposto, os teus datos persoais serán tratados co seu debido respecto e non se usarán más que para una comunicación entre ti máis eu.

A túa privacidade é tan importante para min coma a miña propia e se callar desexes coñecer a miña política de privacidade de datos.


Publicacións populares