Política de privacidade

ANXODAFONTE (portfolio e blog) adaptou o sitio ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e ao Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, coñecido coma o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril do 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD).

Cando calquera usuario e remita un correo electrónico ao enderezo facilitado na páxina de contacto, para o tratamento dos seus datos persoais aplicarei os seguintes principios axustados ás esixencias do novo regulamento europeo de protección de datos:
  • Principio de licitude, lealtade e transparencia: Sempre vou requerir o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais para un ou varios fins específicos que che informarei previamente con absoluta transparencia.
  • Principio de minimización de datos: Só vou a solicitar datos estritamente necesarios en relación coas fins para os que os requiro. Os mínimos posíbeis.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: Os datos serán mantidos durante non máis tempo do preciso para as fins do tratamento, en función da finalidade.
  • Principio de integridade e confidencialidade: Os teus datos serán tratados de xeito que se garanta unha seguridade axeitada dos datos persoais e se garanta a confidencialidade. Debe saber que poño en práctica todas as medidas precisas para evitar o acceso non autorizado ou uso indebido dos datos de calquera usuario que me contacte por parte de terceiros.
Os datos dos usuarios, obtéñoos única e exclusivamente a través do correo electrónico de contacto que poño a disposición na páxina específica para tal finalidade.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en ANXODAFONTE estou tratando os seus datos ou non e tamén a opoñerse ao seu tratamento e a solicitar a súa rectificación ou supresión e para elo tan so teñen que remitirme a súa petición a través do mesmo medio.

Os datos persoais dos usuarios úsanse coa seguinte finalidade:
  •  Contacto persoal. A través do enderezo de correo electrónico habilitado na páxina de contacto. Dito medio pódese empregar para responder solicitudes, dar resposta a dúbidas, queixas, comentarios ou calquera outro tipo de consulta que o usuario quixera trasladar.
  • Formulario de comentarios do portfolio e do blog. Para comentar as publicacións, o usuario usa un formulario no cal decide que datos deixar en público e cales non. Tamén ten a posibilidade de comentar de xeito anónimo sen deixar ningún tipo de dato. Os datos que use pasan a ser tratados por Google e para elo debe aceptar as políticas de privacidade desa empresa. Son os únicos datos que o propietario do dominio non manexa directamente e dos cales non se fai responsábel.
  • Garantir o cumprimento das condicións de uso e a lei aplicábel. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axudan a esta web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiar e mellorar os servizos que ofrece esta web.
  • Tamén se recollen outros datos non identificativos que se obteñen mediante algunhas cookies que se descargan na computadora do usuario cando navega nesta web e que se detallan na política de cookies da mesma, administrada por Google, Inc.
De acordo ao establecido no regulamento xeral de protección de datos europeo (RGPD) 2016/679, XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ (ANXODAFONTE) con enderezo na RÚA RAXOEIRA 6, 15895 AMES (A CORUÑA) será o responsábel dos datos correspondentes aos contactos que se fagan a través do correo electrónico habilitado na páxina CONTACTO.

ANXODAFONTE non vende, aluga nin cede datos de carácter persoal a terceiros, que poidan identificar ao usuario, nin o fará no futuro, sen o consentimento previo.

A base legal para o tratamento de datos dos usuarios que contacten con ANXODAFONTE é: o consentimento.

Para contactar ou facer comentarios nesta web requírese o consentimento con esta política de privacidade.

As categorías de datos que se tratan son datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.

Os datos persoais proporcionados conservaranse ata que se solicite a súa supresión por parte do interesado ou no caso contrario, ata que o administrador o considere preciso.

Moitas ferramentas usadas para xestionar os datos son contratados por terceiros xa que se trata unha web aloxada nos servizos de Google Blogger.

Ao navegar por https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com pódense recoller datos non identificábeis que poden incluír enderezos IP, ubicación xeográfica aproximada, un rexistro de como se usan os servizos e sitios e outros datos que non poden ser empregados para identificar ao usuario. Entre os datos non identificativos están tamén os relacionados aos teus costumes de navegación a través de servizos de terceiros. Esta web podería usar os seguintes servizos de análise de terceiros para analizar tendencias, administrar o sitio, rastrear os movementos dos usuarios arredor do sitio e para recopilar información demográfica sobre a miña base de usuarios e no seu conxunto. Todo isto podo velo a través das estatísticas que ofrece Google Analytics que é un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está no 1600 Amphitheatre Parkway, Montain View (California), CA 94043, Estados Unidos ("Google"). Google Analytics emprega 'cookies', que son arquivos de texto colocados no teu dispositivo para axudar a https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. A información que xenera a 'cookie' sobre o uso en ambos sitios (incluíndo o teu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos seus servidores de Estados Unidos.

https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com comprométese no uso e tratamento dos datos persoais dos usuarios, respectando a súa confidencialidade e a usalos de acordo coa finalidade do mesmo, así como a dar cumprimento a súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.

https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com no pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede Internet e polo tanto da violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

De presentarse algún incidente de seguridade, en canto ANXODAFONTE teña consciencia do mesmo, deberá notificar ao usuario afectado sen demora indebida e proporcionar información oportuna relacionada co incidente de seguridade tal e como se coñeza ou cando o usuario o solicite razoabelmente.

Coma usuario, es o único responsábel da veracidade e corrección dos datos que remitas a https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com así coma ao correo electrónico habilitado na páxina de CONTACTO, exonerando a XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ (ANXODAFONTE) de calquera responsabilidade ao respecto.

Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta a proporcionar información completa e correcta cando sexa esixida en  calquera comunicación ou a través da calquera formulario.

O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos de carácter persoal, aceptando e consentindo o tratamento dos mesmos por parte de XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ (ANXODAFONTE) no xeito e para as finalidades indicadas nesta política de privacidade.

O consentimento prestado, tanto para o tratamento coma para a cesión de datos dos interesados, é revogábel en calquera intre comunicándoo a XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ (ANXODAFONTE) nos termos establecidos nesta Política para o exercicio de dereitos ARCO. Esta revogación en ningún caso terá carácter retroactivo.

XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala ás novidades lexislativas e xuriprudenciais, así coma a prácticas da industria. En ditos supostos, XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ anunciará nesta páxina os trocos introducidos con razoábel antelación a súa posta en práctica.

De acordo coa LSSICE, https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com non fai prácticas de SPAM, polo que non envía correos comerciais pro vía electrónica que non foran previamente solicitados ou autorizados polo usuario. En consecuencia, en cada un dos formularios existentes na web, o usuario ten a posibilidade de dar o seu consentemento expreso para recibir o boletín, con independencia da información comercial puntualmente solicitada.

Conforme ao disposto na Lei 34/2001 de Servizos da Sociedade da Información e do comercio electrónico, https://anxodafonte.com e https://blog.anxodafonte.com comprométese a non enviar comunicacións de carácter comercial sen identificalos debidamente.

Revisión: 03/10/2019

Comentarios

Publicacións populares