Unha noite de lúa chea coma a de hoxe do 2021. Ó ve-la lúa chea escintileando por riba da moderna igrexa católica do meu barrio, non puiden resistirme a obturar co meu teléfono móbil. Será, tal e coma algúns parecen querer catalogar, outra cousa distinta á fotografía; ou postfotografía coma parecen querer bautizar todo aquelo que se sae do mal chamado mundo analóxico . O caso é que xa non se pode obter unha imaxe coma esta porque tal e coma dicía en Suburbia , a cidade vaise comendo o terreo e esa perspetiva foi xa estropeada polas novas construcións.
A fotografía é o meu xeito de capturar a esencia da vida e entendela sen necesidade de palabras. Por Anxo Dafonte.