Que tal os fogos desta noite? Que tal a festa? Gozaches dela? Xuntouse moita xente no Obradoiro a ver a queima da fachada? Houbo queima? Porque igual segundo quen goberne a queima faise de bruxas! O caso é que ven sendo o mesmo o que queimemos, se non arden catedrais morren seres vivos por mor do fume e dos estoupidos. Mais que importan unhas ducias de animais cando non lembramos ás persoas? Imaxina... Unha panda de terroristas asasinos cometen un condenábel acto de barbarie contra un país veciño calquera... imaxina... Imaxina... Por unha casualidade do destino, entre toda esa xente ca que esta noite te arrodeaches inocentemente a gozar dun antigo espectáculo pirotécnico, hai un deses terroristas... ou mesmo simplemente o familiar dun deles. Imaxina... Que ese goberno atacado por terroristas decide que ten dereito a respostar ao agravio e ataca con bombas e con todo o que ten, exterminando todo o que atopa ao seu paso... Pois ese goberno p...
A fotografía é o meu xeito de capturar a esencia da vida e entendela sen necesidade de palabras. Por Anxo Dafonte.