Ir al contenido principal

Imaxinade...


Que tal os fogos desta noite? Que tal a festa? Gozaches dela? Xuntouse moita xente no Obradoiro a ver a queima da fachada? Houbo queima? Porque igual segundo quen goberne a queima faise de bruxas! 

O caso é que ven sendo o mesmo o que queimemos, se non arden catedrais morren seres vivos por mor do fume e dos estoupidos. 

Mais que importan unhas ducias de animais cando non lembramos ás persoas?


Imaxina...

Unha panda de terroristas asasinos cometen un condenábel acto de barbarie contra un país veciño calquera... imaxina...

Imaxina...

Por unha casualidade do destino, entre toda esa xente ca que esta noite te arrodeaches inocentemente a gozar dun antigo espectáculo pirotécnico, hai un deses terroristas... ou mesmo simplemente o familiar dun deles.

Imaxina...

Que ese goberno atacado por terroristas decide que ten dereito a respostar ao agravio e ataca con bombas e con todo o que ten, exterminando todo o que atopa ao seu paso...

Pois ese goberno podería ser o de Netanyahu e ti poderías ser un deses gazatíes...

Pero imaxina máis aínda...

Resulta que parte dun mundo irracional dálle a razón e entende que o que fai ese goberno é lexítimo e proporcionado... 

Eis! Deixa de imaxinar! Eses somos nós!

Pero volvemos ás primeiras liñas. Esquecemos xa que en Gaza, o exército de Israel, co noso apoio e beneplácito segue a exterminar xente. Normal que non poidamos parar a pensar un intre nos efectos que no mundo animal ten tal traca de fogos artificiais coma a desta noite.

Cancelo: Máis de corenta mil asasinados en Gaza. Non é unha guerra, non é vinganza... é xenocidio!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Medio siglo de migrañas

  Imagen creada con la IA generativa de Adobe Photoshop Mobile La migraña es una de las enfermedades que más absentismo laboral produce en la mayor parte del mundo occidental. Apenas conocemos nada sobre ellas y menos aún su detonante; pero, a pesar de ello, los avances en medicina ayudan a los pacientes a tratar de llevar una vida más o menos normal. Antes de comenzar, aclarar que no soy médico ni nada por el estilo... simplemente soy un afectado tratando de explicar como me siento cuando me dicen que "simplemente es un dolor de cabeza, no es para tanto" . Siempre denostada, a pesar de su elevado número de pacientes que la padecen, el resto de la población no llega jamás a comprender el nivel de dolor que se puede alcanzar ni lo incapacitante que puede llegar a ser. Por ello, sin ser ninguna enfermedad de las denominadas raras ; muy por al contrario, bastante frecuente, es una de las más incomprendidas. Hace muy poco, viendo la película de animación "Mars Express" ...