Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

O Vlad de Santiago

Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.

Fuga xurásica

Dentro da Catedral de Santiago hai un lugar de gran interese: o museo, onde cobran vida ata seres misteriosos que espreitan a visitantes dispostos a papalos coma se despisten un chisquiño.

Ser en cuberta

Nas cubertas da Catedral de Santiago habita un ser extraño. Supoño que será un deses dos que nos meus tempos de crianza acostumaban a usar para mandarmos ao monte ca excusa seica de ir cazar Ghazafelhos... pois igual xa atopei un deles! O caso é que atopei un brincando sen calzóns perigosamente polo bordo dunha das fachadas e se ti tamén o queres ver terás que buscar o xeito coma min de subir ás cubertas do templo compostelán.

Por riba do ombreiro

O tempo pasa e seguimos a recibir as visitas dos camiñantes que pasan por diante, indiferentes e alleos mentres eu, axeonllado e de mans cruzado, algo aborrecido, peiteado polo ar, esculpido polas tormentas e bronceado polo sol, observo por riba do ombreiro a quen me rouba cada día todo o protagonismo; mais non me importa pois na miña infinita inerte inmortalidade permanezo tranquilo recompilando historias tristeiras ou felices; de desamores ou tamén con loucuras de amoríos.

Faro no Cabo do Home

Potente presenza desque naces nun mundo indomábel de incansábeis ondas que van moldeando a personalidade e os abruptos camiños con portas ás veces infranqueábeis pero accesíbeis ás olladas de incansábeis viaxeiros con ansias aventureiras e amantes de belas paraxes con escilinteantes luces a cores tan asombrosas coma brilantes.