Nas cubertas da Catedral de Santiago habita un ser extraño. Supoño que será un deses dos que nos meus tempos de crianza acostumaban a usar para mandarmos ao monte ca excusa seica de ir cazar Ghazafelhos... pois igual xa atopei un deles!
O caso é que atopei un brincando sen calzóns perigosamente polo bordo dunha das fachadas e se ti tamén o queres ver terás que buscar o xeito coma min de subir ás cubertas do templo compostelán.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.