Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Galicia

Coma vos dicía onte, e a pesar de non ser poesía "popular" , alguén tivo no seu día que escribir o que logo se populariza, así que eu vou deixar un poema que non é meu pero que si me encantaría que o fose, por suposto; mais eu nunca chegarei a tal nivel. Agarde sexa do voso agrado e que o día vos sexa favorábel. Feliz Día das Letras Galegas! "GALICIA" por Salvador García-Bodaño copiado do libro: "Ao pé de cada hora" Editorial Galaxia, 1980 ISBN -84-7154-083-5 ------ Galicia Galicia é esto que vai en nós e que nos leva, camiño aberto nos sulcos onde todo é por vir e non chega... Galicia ferida en sono e sombra, Galicia enteira coma un morto baixo unha albre soterrado onde todo durme e non esperta. Galicia do mar e da curtiña, Galicia miserenta, chan de ledicia queixumosa onde a fame se enche de pacencia. Galicia  do sí, do non e do quén sabe, duda inmensa e falar sempre o que lle mandan sin decir o que pensa. Cándo Galicia verdadeira? I eiquí, s...

Santiago de Compostela

Achégase o Día das Letras Galegas, este ano adicado á poesía popular e eu vou rematar a semana cas dúas imaxes que completan a triloxía das cubertas da Catedral de Santiago de Compostela que a súa vez redondean as dúas triloxías sobre o templo.  Nestas ultimas publicacións cometín a ousadía de escribir versos coma mero afeccionado e non sei se o estou facendo ben, a verdade. Pero chegándonos a tal data, quixera botar man de expertos e render homenaxe ás nosas Letras porque se ben a poesía popular non ten nada que ver co que traio aquí, non deixemos de ter en conta que alguén no seu día tivo que ter abonda creatividade coma para escribir ou alo menos discorrer certas verbas. Polo tanto, hoxe e mañá vou publicar uns poemas que non son meus pero que me encantan e agardo que a vós tamén. O de hoxe é o seguinte: "SANTIAGO DE COMPOSTELA" por Manuel Pombo Arias copiado do libro: "A miña terra é un vello falar" Editorial Galaxia, 2022 ISBN - 978-84-9151-844-0 --...

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Veneración

Remato esta primeira parte sobre a Catedral, no interior; fechando con fotografía urbana máis do meu estilo e na miña zona de confort. Na vindeira publicación saímos ás cubertas a ver imaxes menos cotiás.

Pregarias

Virxe que guías meu fado, deixame ir devagar porque se me fas apurar igual tanto me perdo coma engano. A cada paso, tentacións; alá onde mire, coviza; unha sociedade enfermiza. Líbrame de todas ambicións.