Ir al contenido principal

As Letras de Luisa Villalta


Hoxe saímos ás rúas a declarar o noso dereito a un idioma propio, a defender a nosa fala coma patrimonio cultural e, a pasalo ben xuntos e festexando o día do pilar da nosa cultura.

En Compostela, a chuvia fixo acto de presenza dun xeito intermitente, pero iso non impedíu que a marcha continuase con alegría, música e sen conflitos.

No final do traxecto que ía desde a Alameda ata a Quintana, agardaba a actriz Isabel Risco para dirixir un acto rematado coa música da banda Dakidarria. O que persoalmente penso é que primou o interese dos negocios de hostalería ante a cultura, pois o escenario estaba situado no peor sitio onde se podería ter colocado por sonoridade, na histórica escalinata, en lugar de pousarse na praza onde mandou unha terraza de mesas baleiras e molladas pola chuvia.

Non sabería dicir canta xente se sumou pero estou seguro que moita máis do que a Xunta de Galicia destas décadas quixera.

Lembro que de mozo, xa semanas antes traballábamos e estudábamos sobre a vida e obra dos e das (aínda que elas poucas había e seguen sendo insuficientes) homenaxeadas.  Do que non teño dúbida é de que todes sabiamos ben de quen se trataba.

Este ano, a homenaxeada foi Luisa Villalta e coido que pouco falaron dela en colexios e institutos. 

Falta respecto por parte das políticas lingüísticas cara un idioma que de ser dos máis prolíferos no canto a publicacións, pasou a ser dos máis esquecidos ata cando se tiña regulamentado. As plataformas que ofrecen contido baixo demanda comprometéranse a emitir unha porcentaxe delo en lingua galega e parecía que o ano pasado algunha (unha entre todas as que hai) poñía de si un chisquiño. Este 2024 non temos a opción de ver en galego nin sequera as series ou películas de produción propia. A plataforma que o ano pasado atreveuse a lanzar series e películas internacionais de gran acollida, este ano aínda non lanzou a primeira e xa estamos polo ecuador do mesmo.

En lugar de avanzar, retrocedemos!

O vindeiro ano, agardo que te sumes. Porque non, o idioma galego non é nin dos políticos (nin dos nacionalistas, nin dos independentistas, nin dos da dereita, nin dos da esquerda, etc.).

A língua galega é nosa... é túa... é miña... é das nosas crianzas! 

Queremos galego!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.