Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Extra de Terror

A piques de comezar a noite máis terrorífica do ano, vouvos deixar un agasallo para que vaiades durmir a gusto... ou non... Lembrades cando tiñades medo dos mostros que habitaban nos armarios? Nunca vos erguestes ca sensación de que vos sentistes observados? Pois iso!!! Aí volo deixo! Por certo! Nin foi unha escena preparada, nin hai fotomontaxe de ningún tipo. Simplemente apareceu na foto. Por se tendes curiosidade... casualidades e suxestións... máis nada! Medos infundados é o que son. Durmide tranquiles e gozade da noite con flocos de millo e boas pelis de medo.

Samaín

Esta noite celebramos o Samaín e xa van deixándose ver as pantasmas nas fotos que vou tirando por aí, tanto nas rúas coma nos montes!

Capeirotes

Chove na Quintana de Mortos, a formación de Capeirotes agardan fronte a Cruz ante un taboleiro formado por mesas baleiras que hoxe por mor do clima dificilmente servirán para facer caixa.

María Castaña

A Rúa da Raíña é unha das máis típicas para tapear ou xantar en Compostela e ningún ingrediente vai casar mellor coa gastronomía rexional e co outono coma a castaña, non si? E mira ti, que pasa unha semana e veño a lembrarche de paso que o rosa segue a ser máis cunha cor, non o esquezas.

Agochiños

Só ruando atoparás os máis fermosos segredos que agocha a cidade. 

San Paio de Antealtares

A Praza da Quintana é un dos lugares máis visitados de Santiago, pero unha das vistas máis fermosas tanto de día coma de noite é a de San Paio de Antealtares. Por certo, o templo no seu interior, sorprendería a calquera visitante, quedando en fronte á mesmísima Catedral.

Tesouros urbanos

Hai recunchos en Compostela que non acharás se non é ruando... ou igual tomándote algo nunha terraciña, se tes a sorte de dar co sitio axeitado. E que haiche moitos lugares con encanto na cidade.

Relatividade

A beleza é relativa e dependerá sempre dos ollos desde que se admire. Por iso a Arte é algo tan fabuloso de gozar.

Un gaiteiro bocalán

Este tipo é o gaiteiro (por definilo educadamente) que toca baixo o arco que conecta a Inmaculada e o Obradoiro. Xa lle teño observado nas miñas ruadas comportamentos bastante reprochábeis; pero hoxe,  minutos antes de tirarlle esta foto, estaba a bracear e insultar cara unhas peregrinas que non fixeran nada máis ca pasar por diante mentres facían un vídeo ca entrada ao Obradoiro e que estaban a facelo xa desde a Praza de Cervantes e non ca intención de recoller a súa "actuación sen pagar". Con todo, el arríscase a que a xente o rexistre en fotografías e vídeos porque forma parte da contorna xa que elixe poñerse coma accesorio do lugar. Polo tanto, se non quere saír nas fotos ou nos vídeos dos turistas ou dos fotógrafos urbanos (coma no meu caso), que se quede na súa casa. A esas peregrinas increpounas deixando de tocar con insultos e erguéndonlles o brazo en ton ameazante, e iso o Concello de Santiago debería de telo en conta pois só pode vir dunha persoa agres...

Sustentabilidade

O turismo pode ser tan sostíbel coma o comercio, dependendo sempre de como se tivera enfocado o lente empresarial que o promovera.

Resiliencia urbana

A natureza ábrese paso e para algúns pode ser incordio, para outros beleza; pero ante os muros que erguemos, será sempre unha icona da resiliencia urbana.

O rosa e máis cunha cor

O rosa é máis ca unha cor , e de feito para moitas a vida é bastante escura e digamos que coñecer certo diagnóstico máis ben é marrón. Pero este mes as rúas tínguense de rosa porque as marcas usan a dor para vender roupa e sinceramente non sei moi ben eu se o que recadan en vendas vai destinado á investigación contra o cancro de mama. Habería ademais que ver se esas mesmas empresas que enchen os escaparates de rosa aplican políticas laborais adaptadas para facilitarlle a vida a pacientes diagnosticadas con esta doenza. E tampouco esquezamos que o cancro máis prevalente e que máis mortes causa debería tratarse coma un problema de Estado e non depender de doazóns privadas nin campañas; debendo ser estas, meramente complementarias. Pero como polo de agora o noso goberno aínda non o entende dese xeito, non queda outra que ir pasiño a pasiño e a velocidade de caracol agardando que entren un día en razón. Entrementres seguiremos investindo capital privado as cidadáns mediante doa...

Paraugas

Hai días de outubro onde non sabes ben onde che convén poñer o paraugas, se por riba da cabeza ou polo chan.

Ás veces saen soas

Cheguei á casa logo dunha saída e a derradeira foto que tiña tirada era unha que foi totalmente involuntaria, seguramente de cando baixei do bus... pero algo me ten... algo me ten...

Pegadas outonais

A quen non lle gusta gozar dun bon cucurucho de castañas acabadiñas de asar? Como? Non viche-la castaña?

Xunta ordinaria

Unha curiosa xuntanza moteira outonal nun apocalipse Z.

Hora da siesta

Algo que tamén podemos dicir que é aproveitar un bon serán de lecer outonal é descansar. Iso que atribúen aos españois pero que os reis do mundo sabemos gozar tan ben.

Chove en Santiago

A chuvia ten algo de fermoso e ao tempo aterrecedor. En cinco minutiños pódeche armar un espectáculo visual. O caso é que non remate nunha catástrofe.