Saltar ao contido principal

Un gaiteiro bocalán


Este tipo é o gaiteiro (por definilo educadamente) que toca baixo o arco que conecta a Inmaculada e o Obradoiro. Xa lle teño observado nas miñas ruadas comportamentos bastante reprochábeis; pero hoxe,  minutos antes de tirarlle esta foto, estaba a bracear e insultar cara unhas peregrinas que non fixeran nada máis ca pasar por diante mentres facían un vídeo ca entrada ao Obradoiro e que estaban a facelo xa desde a Praza de Cervantes e non ca intención de recoller a súa "actuación sen pagar".

Con todo, el arríscase a que a xente o rexistre en fotografías e vídeos porque forma parte da contorna xa que elixe poñerse coma accesorio do lugar. Polo tanto, se non quere saír nas fotos ou nos vídeos dos turistas ou dos fotógrafos urbanos (coma no meu caso), que se quede na súa casa.

A esas peregrinas increpounas deixando de tocar con insultos e erguéndonlles o brazo en ton ameazante, e iso o Concello de Santiago debería de telo en conta pois só pode vir dunha persoa agresiva. Vese que non leva moi ben un día malo. Igual o seu son non é do agrado de todo o mundo e se non leva ben a falta de esmola, igual debería buscar outro traballo, pero non meterse nin co turista, nin ca peregrinaxe, nin cos transeúntes; a rúa non é del.

Así que convídote a dárlle un escarmento e se estás dacordo, non deixarlle un céntimo máis e que vaia ca súa gaita a insultar a onde o aturen!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vlad de Santiago

Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...