Ir al contenido principal

O rosa e máis cunha cor


O rosa é máis ca unha cor, e de feito para moitas a vida é bastante escura e digamos que coñecer certo diagnóstico máis ben é marrón. Pero este mes as rúas tínguense de rosa porque as marcas usan a dor para vender roupa e sinceramente non sei moi ben eu se o que recadan en vendas vai destinado á investigación contra o cancro de mama.

Habería ademais que ver se esas mesmas empresas que enchen os escaparates de rosa aplican políticas laborais adaptadas para facilitarlle a vida a pacientes diagnosticadas con esta doenza.

E tampouco esquezamos que o cancro máis prevalente e que máis mortes causa debería tratarse coma un problema de Estado e non depender de doazóns privadas nin campañas; debendo ser estas, meramente complementarias.


Pero como polo de agora o noso goberno aínda non o entende dese xeito, non queda outra que ir pasiño a pasiño e a velocidade de caracol agardando que entren un día en razón. Entrementres seguiremos investindo capital privado as cidadáns mediante doazóns privadas e confiando en que as marcas de roupa non só usen a dor das doentes para facer caixa senón que cedan parte dos beneficios á causa tamén.

Cando falamos xa de cores, unha cor que se complementa moi ben co rosa é o verde. O verde que adoitamos asociar ca esperanza, ese verde que na imaxe que abre esta editorial lévanos directamente ao rosa. A esperanza de que un día este país faga da investigación e a loita contra o cancro de mama un serio problema estatal e que no fique o tema tan só nunha data anual coma a celebrada o pasado sábado. A investigación precísase trescentos sesenta e cinco días ao ano e as pacientes tamén necesitan atención e seguimento sen descanso.




Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.