Saltar ao contido principal

Fallida... ou non


Hoxe non hai poema, veño cunha pequena reflexión fotográfica sobre o proceso.

Saín un día do museo do Gaiás, era noitiña xa; bon, un dos nosos solpores, pero xa con pouca luz. E vin esta persoa que estaba uns segundiños entretida. 

Pareceume marabilloso coma lle viñan as liñas e o momento de luz nese intre que estaba a piques de esborrancharse pola marabunta que chegaba desde as miñas costas.

O tempo xusto de coller a cámara, configurar rápido, caseque por instinto, e obturar!

Pareceume daquela fallida e trepidada pero non tiven a oportunidade de repetir. Hoxe recupéroa do arquivo pois esa falta de definición non me importa en absoluto. Que te fixes ou desbotes unha fotografía baseándote só na nitidez ou resolución fala unicamente da túa falta de madurez coma fotógrafo.

Eu cando fotei, nese intre, xa tiña madurez abondo coma para que a imaxe non rematase no lixo, pois outra non houbera pasado o primeiro filtro de edición.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vlad de Santiago

Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...