Ir al contenido principal

O naufraxio do Prima


 O Prima era unha gabarra de 105 metros de eslora que viña cargada con terra e que embarrancou en o trece de xaneiro do 2014 ao carón do Cabo Vilán, na Punta do Boi; para ser máis concretos, na praia de Reira (Camariñas).

Viña arrastrada polo buque West que alertou a Salvamento Marítimo dun fallo no cabo do remolque cando atopábase a unhas quince millas do Cabo Touriñán. Este buque tiña corenta metros de eslora e volveu dar remolque ao Prima sen éxito debido a que o cabo de remolque enredouse na hélice e fixo imposíbel o goberno da nave. O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra mobilizou entón ao buque Don Inda para asistir á gabarra que xa daquela derivaba cara a costa. Mais, ao achegarse ao lugar, decidiron con bo criterio dar preferencia á asistencia ao West que tiña problemas de goberno xa que era a nave que tiña tripulantes a bordo e primou a salvagarda de vidas humanas. A noite e as condicións meteorolóxicas da zona dificultaron a operación. Estamos en plena Costa da Morte e o nome non lle ven de balde.

O Don Inda puido poñer a salvo ao West e todos os seus tripulantes chegaron en boas condicións, pero a gabarra Prima non puido ser salvada e rematou encallando en Cabo Trece. 

Ese día podemos celebrar que as boas decisións do equipo de profesionais fixo posíbel que non se lamentasen vidas humanas, pregúntome se algún día estarán á altura ás decisións políticas nas situacións críticas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.