Quixera rematar novembro cunha imaxe do meu arquivo que igual si que hoxe poderiamos xa considerar así, posto que o lugar medrou bastante e aínda queda por construír. O caso é que debeu ser unha das primeiras fotos que lle tirei á Cidade da Cultura recién inaugurada. Quiteina desde o cumio do Monte Pedrouso e gustoume moito esa integración que fai a arquitectura artificial coa paisaxística do fondo. O Pico Sacro vese maxestuoso e imponente, reforzando as liñas do propio edificio.
A fotografía é o meu xeito de capturar a esencia da vida e entendela sen necesidade de palabras. Por Anxo Dafonte.