Estamos tan conectadas a pantallas e chismes que o fan todo por nós, que xa dirixen o pensamento de tal xeito que a pesar de vivir nun mundo que parece estar a caer a cachos poñemos a gobernalo a delincuentes que cometeron delitos coma os de atentar contra as mulleres. Si, obviamente falo de Trump, un tipo que entroutras cousas seica vai defender ás mulleres aínda que elas non o queiran e cuxas decisións afectarán tamén ás nosas vidas... si, ás de todas nós.
Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.