Antes de premer o botón de denunciar esta publicación pensa en cantas mulleres son violadas no mundo no tempo que che levou ver esta imaxe e ler estas verbas.
Hai unhas semanas, o Papa Francisco chamou sicarios aos profesionais sanitarios que practican abortos en clínicas seguras, con medios que garanten unha hixiene e coñecementos médicos abondos para evitar por en perigo a vida das mulleres que deciden interroper un embarazo.
Ilegalizar a práctica por profesionais sanitarios significa ter que botar man da clandestinidade. Poñer en perigo ás mulleres.
Así que non, non son sicarios, señor Papa, salvan vidas. Respecte outros puntos de vista, porque a ilegalización do aborto pode mancharlle as mans de sangue a vostede, e convertelo daquela en sicario tamén, non si? Porque chuspir cara enriba, é o que ten.
Nota aclaratoria:
Coñezo o traballo de Laia Abril sobre o aborto e teño visto a foto da percha. Pero quixera aclarar que a inspiración non me veu só dela. Ademais son mecenas da Revista 5W e tamén o seu traballo aparece xa no seu número 5, publicado no ano 2021 e adicado a Saúde. Pero outros factores alleos inspiraron esta foto moito antes de coñecer o traballo de Laia Abril; posibelmente, algúns serán os mesmos que a inspirou á autora de On Abortion, así que temos moito en común.
Hai pouco, Laia Abril publicou a súa foto en redes sociais e eu xa tiña programada esta publicación, así que decidín engadir esta nota. porque iso si é casualidade, a miña publicación estaba programada de antes de ver a súa en redes. De feito, esta publicación foi propiciada polo comportamento do Papa Francisco xa hai varias semanas (non lembro cantas) e se antes non fixera esta foto foi porque xa existía a de Laia Abril; mais o único en común que tiña co que eu cavilaba era a percha; máis nada. Logo, cada quen logo é libre de pensar o que lle pete. Non trato de plaxiala nin copiala. Só busco remexer conciencias. Nada máis.
Para elo, uso sangue real. Un sangue que saquei do meu propio corpo, algo que tamén vin facer a Lino Braxe cando o movemento NUNCA MÁIS trala catástrofe medioambientál provocada polo naufraxio do buque petroleiro Prestige diante das costas galegas. Logo usei a dobre exposición na propia cámara para obter unha única foto purista e directa, sen procesado de ningún tipo a través de ningunha ferramenta informática, coma é costume no meu xeito de fotar. A estética final a acho antes de obturar.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.