Ir al contenido principal

Humanización e dependencia


No meu barrio houbo bastante polémica por mor dunhas obras de humanización e a xente protestaba porque seica vai haber atascos e falta de aparcadoiros. Algúns ata inventaron nas súas recriminacións un carril bici polo centro da estrada cando eu nunca o vin así nos planos... pero o que eu pregúntome é se a ninguén destes enxeñeiros dos distintos gobernos que temos en todo o país, cando acometen este tipo de obras, e cos estudos que se lles presupón,  acórdalles a veciñanza con dependencia para prepararlle unha boa entradiña e facilitarlle de paso o acceso á vivenda... a que tampouco lle acordou a ningún manifestante?

Este sinal polo chan reflicte ese sentimento meu. Un sentimento que obviamente non lle acordou a ningún dos manifestantes en contra da humanización do meu barrio. Só onde aparcar o seu vehículo. E ollo! Por sorte, eu polo de agora non preciso unha entrada adaptada e nin sequera me afectaría e polo tanto non gaño nada con esta proposta pois vivindo no barrio, esa obra non chega á miña porta. Aféctame só o do aparcadoiro e o dos atascos, iso si, mais non me preocupa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.