Ir al contenido principal

A ralentí ca vivenda


Isto tamén é Santiago. Está ben preocuparse pola seguridade vial mais tamén é unha cidade que hoxe vive o problema da vivenda coma calquera outra cidade española. Os alugueres están polas nubes e a especulación xoga máis con vistas ao turismo. Hoxe ata os estudantes pasan por unha auténtica odisea para atopar un lugar onde residir.

Eu trato de sacar fermoso o máis escangallado, pero este edificio observo que está ocupado mais pareceume bastante ruinoso aínda que supoño que non así o será o seu alugueiro e non faltará pronto un fondo voitre que voe tras del para convertelo nunha lambetada turística pois está moi ben situado; de feito, non me sorprendería saber que xa están pensando en chimpar fóra aos ocupantes actuais.

Quixera suliñar ese estado que non parece só estético, aparentemente ruinoso nalgunhas zonas onde a estrutura case parece pedir despegarse dun edificio nunha zona onde na beirarrúa de fronte temos edificios institucionais, educativos e ata residencias para maiores; ou sexa, un lugar bastante concorrido co perigo que pode supoñer. Isto non hai sinal que o advirta.

Porén e malia todo, os gobernantes desta histórica cidade, sexan da cor que sexan, só se preocupan de que os vehículos pisen o pedal do freo; cousa que está ben, só miran cara a calzada; pero non parecen erguer a cabeza e mirar de cando en vez cara o fermosa que é a cidade tamén nas súas liñas verticais; gozando ademais duns ceos espectaculares aínda que de cando en vez nos deixen unhas chuvias que meten medo... que non son precisamente as que teñen a culpa de que se tupan os sumidoiros, senón os mesmos gobernantes que tiveron as luces de poñer elementos nas urbes que nin as mentalidades medievais discorreran antes... e agora, temos folladas todo o ano que limpar, cousa que os responsábeis de facelo, tampouco fan.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Medio siglo de migrañas

  Imagen creada con la IA generativa de Adobe Photoshop Mobile La migraña es una de las enfermedades que más absentismo laboral produce en la mayor parte del mundo occidental. Apenas conocemos nada sobre ellas y menos aún su detonante; pero, a pesar de ello, los avances en medicina ayudan a los pacientes a tratar de llevar una vida más o menos normal. Antes de comenzar, aclarar que no soy médico ni nada por el estilo... simplemente soy un afectado tratando de explicar como me siento cuando me dicen que "simplemente es un dolor de cabeza, no es para tanto" . Siempre denostada, a pesar de su elevado número de pacientes que la padecen, el resto de la población no llega jamás a comprender el nivel de dolor que se puede alcanzar ni lo incapacitante que puede llegar a ser. Por ello, sin ser ninguna enfermedad de las denominadas raras ; muy por al contrario, bastante frecuente, es una de las más incomprendidas. Hace muy poco, viendo la película de animación "Mars Express" ...