Sempre que paso por diante deste lugar non podo evitar pensar en toda esa xente maior abandoada polos políticos durante a pandemia. Indefensos, coma animais, sen dignidade nin a posibilidade dunha despedida... e aínda hoxe, os mesmos que os condearon seguen a evitar recoñecer os seus erros por non pedir desculpas, para esquivar o sinalamento.
Errar é de humanos, rectificar é de sabios. O contrario non corrixe nin elimina o problema. O dano non vai desaparecer. Esa xente retrátase co seu comportamento noxento e quenes os defenden, protexen e manteñen, tamén son coma eles: cómplices do mesmo crime.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.