Unha das exposicións fotográficas máis espectaculares activas actualmente que podes visitar na Galiza é a que presenta na Coruña a The MOP Foundation: Centennial ca obra de Irving Penn. E xa que estades, non podedes saír sen facervos con un exemplar do catálogo que ademais ven presentado de xeito verdadeiramente exquisito. Unha verdadeira xoia en calquera libraría de fotógrafo que se precie.
Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.