Pero... que lle pasou ao rei da animalada? Tantos anos de evolución e tivo que vir un branquiño a controlar a selva e falar cos animais todos, algo que a raza africana non era antes capaz. Así o pensou Muhammad Ali, pois del o escoitei eu e esas palabras quedáronseme grabadas e supoño que me inspiraron bastante ao premer o obturador nesta instantánea na que vemos a esa personaxe de ficción creada por Edgar Rice Burroughs onde procurei rebaixala a unha posición vulnerábel e humillante, penso que merecida; cambiando totalmente a mensaxe orixinal da banda deseñada do autor e dándolle así o meu propio e orixinal enfoque.
Por certo, non existe IA, tan só a perspectiva forzada do chorro de auga dunha fonte que había fronte o mural.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.