Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

O bosque animado

As árbores, con raíces firmes e ramas estendidas cara ao ceo, ensínannos a ser resilientes e a buscar sempre a luz. Se elas poden crecer e florecer en calquera circunstancia, nós tamén podemos.

Caixas con sorpresas

Cada novo día é unha caixa de sorpresas, chea de oportunidades agochadas e momentos inesquecibles. Ábrea con curiosidade e goza de cada instante!

Comezar o día con enerxía

Levántate con enerxía e prepárate para a aventura! Unha cullerada de azucre roubado durante o almorzo e... ¡boa sorte contendo esa personalidade tola que levas dentro!

Día de descanso

Nun día de inverno chuvioso, atopamos a paz perfecta: Fado máis eu, gozando do descanso e a tranquilidade. Nada coma un día de relax para recargar enerxías.

Cómplice

Ata os gatos máis sabios chiscan un ollo con complicidade cando ven un novo desafío. Lembra que sempre tes a elegancia e a graza dun micho para superar calquera obstáculo.

Co papo cheo

Co papo cheo é moi sinxelo ditar as normas que rixen a vida dos demais. Co peto a rebosar e sabendo que a fin de mes o porquiño está petado a máis non poder non importa dicir non a suba xusta das pensións co IPC ou a baixadas de impostos. Desde Madrid é doado colocar alfiletes marcando nun mapa as ubicacións dos eolos ou de minas para reabrir ou mesmo dunha nova celulosa a setecentos quilómetros... sen ter en conta os danos colaterais medioambientais ou paisaxísticos... ou mesmo habitábeis... ou senón que llo digan ao rural! Igual pensamos que os montes na Galiza eran de piñeiros e eucaliptos! Non chegamos a comprender que destrúen a terra pero no fondo imos pagar o mesmo ou máis ca un usuario de Madrid por premer o interruptor e acender a luz tan necesaria; pero os montes galegos son os que están a ficar coma a miña cabeza: peladiños.  Primeiro deixamos ao gando sen pasto para encher os montes desa mecha chamada madeira comercial que arde coma o papel e agora pelámolos...

Algo hai

Cando alguén ou algo espreita desde o ceo, é unha sorte poder ser un mero espectador.

O futuro é deles

Temos o mal costume de prexulgar á mocidade e predecir o mal que lles vai ir no futuro sen ter en conta que lles pertence a eles e somos nós, as xeneracións de máis idade, os responsábeis de deixar un planeta nas mellores condicións de habitabilidade posíbeis. Asemade, deberiamos preocuparmos de ofrecerlles tamén a mellor educación. Se pensamos que o futuro está comprometido é porque temos claro o noso fracaso. Porén, eu estou seguro que a nosa mocidade é máis intelixente do que pensamos e serán capaces de superar calquera obstáculo e cos avances tecnolóxicos que aínda quedan por diante o seu futuro será o dunha sociedade que poderá ollar cara atrás ca cabeza en alto e co orgullo de ter superado con nota as probas que lles propuxeron aqueles que apostaban nada e que os ollaban por riba do ombreiro. Eu seguirei entrementres axeonllándome para obter os contrapicados e velos gozar ceibes sobre o asfalto entre lusco e fusco, confiado en que cando non estea aquí, o ciclo da vida...

A guerra dos mundos

Xa levamos medio mes do ano 2025 e parece que o comezamos onte, pero esta sensación é só a que temos desde un lugar acomodado e lonxe dos conflitos. Onte comentaba a miña inquietude coa fin do acordo e o abandono da EEI e logo lembrei esta mancha tan curiosa que atopei un día na Cidade da Cultura onde ademais, grazas a construción do chan, formou esta figura tan estraña que a min lembroume a un deses mostros imaxinados por H.G. Wells na súa "A Guerra dos Mundos" que tanto pánico chegou provocar no seu día. En realidade eu teño máis medo ás ameazas que veñen do noso planeta cas que poidan vir do espazo exterior. Penso que somos menos racionais cando decidimos exterminarmos entre nós coma especie e non teríamos en calquera caso dereito algún a xulgar que unha especie allea decida facer o mesmo no caso de querer chimparnos a nós para querer habitar o noso planeta. Se cadra ata lle fai un favor ao resto de especies cas que hoxe convivimos, eu que sei! Bon... o caso é...

Á conquista do espazo

Este ano non tiven, por primeira vez en décadas, a oportunidade por temas persoais, de poder gozar dun paseo por ningunha cidade iluminada cas luces do Nadal. Pero cando rescato esta exposción que fixera cun teléfono móbil (xa descatalogado e desactualizado) hai varios anos onde vemos as decoracións na Cidade da Cultura que seguían este ano exactamente iguais e cando fun vacinar contra a gripe e a Covid pois así, apagadiñas coma estaban, tamén as vin.  Cada vez que penso nesta imaxe venme á cabeza o mesmo: a Conquista do Espazo. Fíxate que aquí non acentúo e no título da publicación si que o fago pois non é o mesmo o significado dese "a". Volvemos vivir unha etapa nestes últimos anos que me parece asemellar un pouco ao que deberon vivir outras xeracións anteriores a miña cando o asunto era chegar os primeiros ao noso satélite. Hoxe xa miramos máis lonxe, o satélite é simplemente unha estación de paso; coma quen di, case para montar a cafetaría, o restaurante ou o ...

O xogo da lura

Logo de pasar varios días co semáforo avariado onde os condutores non lembraban o código de circulación esquecendo a prevalencia do paso de peóns ante o inhabilitado controlador luminoso vertical e carecer de axente designado para dirixir o tráfico; días onde os peóns xogámonola vida en cada tentativa de cruzar dunha á outra beirarrúa. Pero o que non sabía a veciñanza era que ese tempo era o preciso para actualizar o sistema e adaptalo ao xogo da afamada serie surcoreana retando ao peón a obedecer e camiñar ou deterse ao ritmo de "luz verde, luz vermella" . Pero lonxe estabamos de saber da trampa mortal de que che poñan ambas luces ao tempo. Aí é cando o participante pode dubidar e non saber se seguir ou deterse e coma quede eliminado, o tráfico rodado botarase a esmagalo sen miramentos.  Benvides ao Xogo da Lura en versión Milladoiro! Anímaste a participar? A foto principal que encabeza a publicación e que é a única que comparto en redes ...

A despedida

No xardín dos soños esquecidos, onde a lúa prateada acariciaba os secretos das flores, el e ela atopábanse cada solpor. As súas almas, tecidas polo fío do destino, entrelazábanse nunha danza de promesas e murmullos eternos.  Unha tarde, coa brisa levando ecos de vellas cancións, el levou unha rosa vermella, símbolo do seu amor sen fin. Cada pétalo tiña gravada unha lembranza, cada espina unha dor sufrida. Mais o destino, cruel tecedora de fíos rotos, tróuxolle a despedida inevitable.  Co corazón escachado, el entregoulle a rosa, e os pétalos comezaron a caer, un por un, como as bágoas dunha historia inacabada. Ela, coa voz tremendo, prometeu que o seu amor persistiría alén do tempo e do espazo, alén da dor e do recordo. As súas mans separáronse e, co último alento do día, os corazóns afastáronse. Mais, aínda na distancia, os pétalos que quedaron na terra florecían, lembrando aos ceos que o amor eterno non morre, simplemente se transforma en eternidade. Así, no xard...

O home, a lúa e a fera

No silencio denso do bosque, entre sombras danzantes e ramas entrelazadas, un lobisome mira a través da fiestra da súa cabana. A lúa chea brilla con intensidade, a súa luz prateada penetrando na escuridade coma un eco de antigos misterios. Os seus ollos, reflexo dun lume interior, contemplan o firmamento cunha mestura de saudade e pesar. Neste momento de solitaria reflexión, pensa na dualidade da súa existencia. Homo e fera, carne e espírito, natureza e razón. Cada aloumiño da lúa sobre a súa pel recorda a inevitabilidade do seu destino, unha danza entre o humano e o salvaxe, un equilibrio precario de instintos e pensamentos. As estrelas, testemuñas mudas da súa transformación, parecen soster diálogos eternos, lembrando tempos nos que era tan só un ser humano. Pregúntase se a súa alma vagará eternamente entre os dous mundos ou se, algún día, atopará a paz nunha simbiose perfecta. A lúa, sabia e inmortal, escoita os seus pensamentos sen xulgar, ofrecendo o seu consolo silent...

Mostros

Xa poñemos a andar o novo ano e pasadas as resacas das felicitacións e dos bos desexos toca volver á realidade e pensar nas crianzas que morreron en zonas de conflito ou nas que en lugares máis achegados estiveron ingresadas (porque por sorte tiñan onde) nos nosos hospitais igual soñando con estes mostros nocturnos que de cando en vez os espertaban durante en medio do soño.