Logo de pasar varios días co semáforo avariado onde os condutores non lembraban o código de circulación esquecendo a prevalencia do paso de peóns ante o inhabilitado controlador luminoso vertical e carecer de axente designado para dirixir o tráfico; días onde os peóns xogámonola vida en cada tentativa de cruzar dunha á outra beirarrúa.
Pero o que non sabía a veciñanza era que ese tempo era o preciso para actualizar o sistema e adaptalo ao xogo da afamada serie surcoreana retando ao peón a obedecer e camiñar ou deterse ao ritmo de "luz verde, luz vermella". Pero lonxe estabamos de saber da trampa mortal de que che poñan ambas luces ao tempo. Aí é cando o participante pode dubidar e non saber se seguir ou deterse e coma quede eliminado, o tráfico rodado botarase a esmagalo sen miramentos.
Benvides ao Xogo da Lura en versión Milladoiro! Anímaste a participar?
A foto principal que encabeza a publicación e que é a única que comparto en redes sociais, é en realidade unha dobre exposición que tirei dunhas marcas que había de obra no chan, usadas para referenciar nas medidas; e do semáforo no intre que me conviña daquela.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.