Temos o mal costume de prexulgar á mocidade e predecir o mal que lles vai ir no futuro sen ter en conta que lles pertence a eles e somos nós, as xeneracións de máis idade, os responsábeis de deixar un planeta nas mellores condicións de habitabilidade posíbeis. Asemade, deberiamos preocuparmos de ofrecerlles tamén a mellor educación. Se pensamos que o futuro está comprometido é porque temos claro o noso fracaso.
Porén, eu estou seguro que a nosa mocidade é máis intelixente do que pensamos e serán capaces de superar calquera obstáculo e cos avances tecnolóxicos que aínda quedan por diante o seu futuro será o dunha sociedade que poderá ollar cara atrás ca cabeza en alto e co orgullo de ter superado con nota as probas que lles propuxeron aqueles que apostaban nada e que os ollaban por riba do ombreiro.
Eu seguirei entrementres axeonllándome para obter os contrapicados e velos gozar ceibes sobre o asfalto entre lusco e fusco, confiado en que cando non estea aquí, o ciclo da vida continuará e continuará e continuará por sempre e xamais... porque senón... que sentido tería a miña existencia? por que senón estaría eu hoxe a fotar?
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.