Ir al contenido principal

Á conquista do espazo


Este ano non tiven, por primeira vez en décadas, a oportunidade por temas persoais, de poder gozar dun paseo por ningunha cidade iluminada cas luces do Nadal. Pero cando rescato esta exposción que fixera cun teléfono móbil (xa descatalogado e desactualizado) hai varios anos onde vemos as decoracións na Cidade da Cultura que seguían este ano exactamente iguais e cando fun vacinar contra a gripe e a Covid pois así, apagadiñas coma estaban, tamén as vin. 

Cada vez que penso nesta imaxe venme á cabeza o mesmo: a Conquista do Espazo. Fíxate que aquí non acentúo e no título da publicación si que o fago pois non é o mesmo o significado dese "a". Volvemos vivir unha etapa nestes últimos anos que me parece asemellar un pouco ao que deberon vivir outras xeracións anteriores a miña cando o asunto era chegar os primeiros ao noso satélite.

Hoxe xa miramos máis lonxe, o satélite é simplemente unha estación de paso; coma quen di, case para montar a cafetaría, o restaurante ou o motel. As miras están moito máis alá e se ben nos falan hoxe de Marte eu penso que coma xa imaxinamos todos, cando din digo realmente pensan en Diego.

De feito, non se está a falar nada dalgo que ten realmente moita importancia e cada vez que vexo esta  imaxe penso moito nesa ristra de satélites que de cando en vez están en boca de todos... si, eses do famoso magnate que dirixe SpaceX e que xa parece que ten trazas de que con cartos vai mercar todo o planeta habido e por haber... e coma nos descoidemos... incluso o que está fóra do planeta.

Pero tampouco hai que demonizalo porque hai algo que non se está a contar nos medios de suma importancia que está a acontecer precisamente aí enriba, sobre as nosas cabezas, e que ten relación con todo isto... e certamente, pode que ese home poida ser unha boa solución do problema para evitar que outros males maiores se impoñan.

O que eu me pregunto desque fixen esta foto e vexo eses adornos non iluminados que me lembran planetas, satelites ou mesmo unha especie de estación espacial artificial é: por que ningún medio de comunicación "serio" informa ao público sobre a situación a tempo real da Estación Espacial Internacional?

Porque ata onde eu sei, existía un acordo internacional (chamado OST polas siglas inglesas de Tratado sobre o Espazo Ultraterrestre) que regulaba e definía o uso pacífico do espazo exterior. Ese tratado ten os días contados, pois tiña data de finalización e de feito, esa data foi confirmada coma rematada incluso por Rusia para decembro de 2024; é dicir, que Rusia abandona o proxecto da EEI no 2025, ano no que xa estamos. Ademais, Rusia confirmou o seu obxectivo de teres a súa propia estación espacial en órbita xa para o 2030. 

Sabemos tamén que China está involucrada en eventos espaciais que teñen que ver ca Lúa e non podemos dicir que non estean moi avanzados precisamente en tecnoloxía e menos aínda que sexan descoñecedores das tecnoloxías occidentais, pois eles fabrican os compoñentes dos nosos trebellos.

Así que importante é o que acontece sobre as nosas cabezas. Tan importante coma saber o que acontecerá ca Estación Espacial Internacional. Saberemos algo máis este ano sobre ela? Converterase nunha das noticias do ano? Se é así, acórdate de que é unha morte anunciada e non unha sorpresa, pois as prórrogas véñense asinando desde a conclusión do acordo OST o 31 de decembro do 2020; e diso, van xa cinco anos e no único medio onde vin mencionar algo acerca disto foi na Revista 5W, medio ao que non só estou suscrito, senón que tenme tamén de mecenas e ao que se queres podes buscar na web, botar unha ollada ao que ten en aberto e se che gusta, suscribirte. Eu recoméndoche a opción en papel que inclúe tamén a dixital, pero calquera delas é de agradecer. E se podes ademais facer un esforzo e coma min, sumarte ao mecenazgo, tampouco lles virá mal porque o xornalismo que non se debe a ninguén máis que aos suscritores é un xornalismo libre, que pode contar as cousas coma son.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O carneiro no tellado

Quedo e petrificado no alto está o carneiro non brinca nin cruza carreiro só fica atento no tellado. Do cruceiro gardián salvacostas dos peregrinos protexe das chuvias os niños das aves viaxeiras que non quedarán.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.