Saltar ao contido principal

A guerra dos mundos


Xa levamos medio mes do ano 2025 e parece que o comezamos onte, pero esta sensación é só a que temos desde un lugar acomodado e lonxe dos conflitos. Onte comentaba a miña inquietude coa fin do acordo e o abandono da EEI e logo lembrei esta mancha tan curiosa que atopei un día na Cidade da Cultura onde ademais, grazas a construción do chan, formou esta figura tan estraña que a min lembroume a un deses mostros imaxinados por H.G. Wells na súa "A Guerra dos Mundos" que tanto pánico chegou provocar no seu día.

En realidade eu teño máis medo ás ameazas que veñen do noso planeta cas que poidan vir do espazo exterior. Penso que somos menos racionais cando decidimos exterminarmos entre nós coma especie e non teríamos en calquera caso dereito algún a xulgar que unha especie allea decida facer o mesmo no caso de querer chimparnos a nós para querer habitar o noso planeta. Se cadra ata lle fai un favor ao resto de especies cas que hoxe convivimos, eu que sei!

Bon... o caso é que velaquí outra foto feita cun móbil, con esa ferramenta odiada e denostada por moitos e da que algún día comentarei cousiñas que realmente teño moitas gañas de dicir. Hai anos estiven a piques de cambiar incluso de sistema fotográfico por mor de certos influíntes e gurús da fotografía que facían probas e subían as súas páxinas da Internet resultados que dictaminaban que tanto cos teléfonos móbiles coma cos sistemas micro catro tercios non se poderían imprimir fotografías en grandes formatos. Iso é totalmente falso. Estivéronvos a mintir durante moito tempo por mera cuestión comercial. Eu sego a usar sistemas micro catro tercios deses tempos nos que supostamente non se podían imprimir fotografías a grandes tamaños e imprimo cadros de altísima calidade a tamaños que impresionarían a calquera museo. De feito, teño ido a ver exposicións con moita menos calidade do que eu mesmo amoso na miña humilde morada a quen me agasalla coa súa presenza. Que menos que convidalo a un café e deixalo gozar de libros, charlas e moita... moitísima fotografía!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vlad de Santiago

Gústame ir de museos pero tamén recoñezo que hai veces que collo medo, coma un día no Museo das Peregrinacións e achei unha figura tallada do mesmo Vlad Tepes... pero o peor non foi iso, senón decatarme de que ao tempo o mesmo Vlad estaba observando a mesma figura e iso si que me pareceu algo moi perturbador.

Confundir a dereita ca esquerda

Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.

Medio século de xaquecas

Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "...